O Concello de Porto do Son continúa na súa aposta en firme por mellorar as instalacións deportivas municipais, nesta ocasión coa renovación do céspede artificial do campo de fútbol ‘Emilia García’.
A inversión, que suma un total de 191.466 euros, contou co financiamento da Deputación da Coruña, por valor de 145.804 euros. A administración local aportou 45.661 euros de fondos propios, nunha actuación que rematou o pasado 20 de xuño.
Así, o proxecto contemplou a instalación dun novo tapiz sintético de última xeración, así como a limpeza de quenllas e substitución de reixas do perímetro do terreo de xogo. Tamén, levouse a cabo o desmontaxe de equipamento e varanda existente, retirada sostible do céspede artificial antigo, pequenas reaparicións e regulacións puntuais na actual capa de soporte aglomerado e montaxe do equipamento.
Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu a colaboración da Deputación nesta actuación e destacou “a continúa aposta deste equipo de goberno por seguir avanzando na modernización das nosas infraestruturas deportivas, promovendo a práctica do deporte ao aire libre e os hábitos de vida saudables. Coa renovación desta instalación deportiva dámoslle a Porto do Son e a os nosos equipos e escolas deportivas unha instalación acorde ás súas necesidades”.




