O Concello de Porto do Son organiza, un ano máis, unha ampla programación cultural para este Nadal 2025, baixo o lema ‘Un Nadal en Porto do Son repleto de luz, maxia e ilusión’.
O ciclo dará comezo este veres, 5 de decembro, onde a rapazada da vila acenderá o Nadal coa súa maxia. O acendido das luces levarase a cabo na estacada da fachada marítima, a partir das 20:00 h.
O 14 de decembro, o Casa da Cultura de Porto do Son acollerá, a partir das 19:00 h, o Musical Solidario de Mimarte AECC. O venres 19, o mesmo recinto será a sede para o recital de piano e coro da ESMU, a partir das 20:00h.
As xornadas deportivas celebraranse o 20 e 21 de decembro, coas carreiras da SinSon Escolares e 10K.
Os días 22,23,26,29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, terán lugar os Obradoiros infantís de Nadal, nas casas da Cultura de Xuño, Portosín e Porto do Son, en horario de 17:00 a 19:00 h. Tamén, na víspera de noiteboa, o 23 de decembro, o Papá Noel visitará todas as parroquias do municipio.

Os días 24 e 31 de decembro toda a veciñanza poderá desfrutar e bailar a ritmo da música dos tardeos en Porto do Son. O 24 con Trécola, Os Liantes, Os Charangos e DJ Geno e o 31 con Arume, Tanto Nos Ten, Os Charangos e DJ Kike Varela. Ambos días de 17:00 a 21:30 h.

Para poñer punto e fin ao mes, o 27 de decembro, a rapazada poderá gozar de inchables no pavillón de Santa Irene, de 16:30 a 20:00 h.
Como guinda do pastel, a programación pecharase coa visita dos Reis Magos ás 10 parroquias do municipio, o 5 de decembro.
O alcalde, Luis Oujo, animou a toda a veciñanza “a participar nesta completa programación de Nadal tan especial e para toda a familia, que seguro que deixará momentos inesquecibles e que encherá o noso municipio de maxia, luz e moita ilusión.”.


