O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu o martes, 2 de decembro, o acto de presentación, no que participaron o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo Pouso; o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo Blanco; o técnico de Deportes, Luis Otero Malvárez; e Ezequiel Mosquera, xerente de Emesports, empresa organizadora da cita.
Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, será por segundo ano consecutivo o padriño e invitado especial desta edición e na que o Lorenzo apuntou que poderiamos ter outra sorpresa “cunha atleta internacional na categoría feminina”.
O edil mostrou a súa satisfacción pola gran acollida da proba, un ano máis e destacou que “quero agradecer a confianza dos participantes, que esgotaron prazas nun tempo récord. Só no ano seguinte á pandemia tardouse menos. Foi unha pequena sorpresa que todo fose tan rápido. Supoño que influirá a boa organización porque a xente confía en nós”. También amosou a gratitude a Ezequiel Mosquera, “que xa é unha parte fundamental do éxito porque é unha carreira súper traballada”.
Pola súa banda, o rexedor, Luis Oujo, puxo en valor o traballo das persoas voluntarias e a colaboración dos patrocinadores “porque para que saia ben hai que ter un presuposto elevado». Asimesmo, fixo fincapé na dificultade que supón crear un proxecto «e mantelo no tempo e, ademais, con éxito”.
Oujo tamén asegurou que esta vindo “moita xente de Porto do Son adestrando e iso é un moi bo sinal. Hai un gran incremento de corredores locais, sendo o ano con máis sonenses que apostan pola carreira. Desde os meses de outubro e novembro vese un ambiente máis deportivo pola localidade”.
RECOLLIDA DORSAIS
As persoas que se inscribiron antes do 1 de decembro poden elixir collelos nos puntos habilitados en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo desde o día 9 ata o 13 de decembro.
As persoas que non poidan empregar este método, poderán retirar o seu dorsal durante a Feira do Corredor, o sábado 20 de decembro, na casa da cultura de Portosín, en horario de 19.00 a 21.00 horas. «O que poida, que elixa esta opción xa que tamén alivia traballo á organización o domingo», señalou Otero. Porque, o propio día da carrera tamén se poderán conseguir desde as 8.00 ata as 10.30 horas.
Como xa é tradición, a carreira tamén contará cun servicio de autobuses desde Porto do Son ata Portosín o día 21 para trasladar ás persoas corredoras ata a saída. Desde a organización lembran a importancia de que as persoas participantes estean o máis cedo posible, debido a que a partir das 10.30 horas péchase a estrada AC-550.
O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín. O último autobús sairá ás 10:20 h.
A SINSON10K, como proba xa consolidada, conta cun elenco de atletas invitados que participaron en anteriores edicións nos figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete; Iván Raña, Edymar Brea; a campioa do mundo de duatlón, Joselyn Brea e un dos mellores atletas nacionais, Reyes Estévez.









