Obras, Medio Ambiente e cambio climático|

O Concello de Porto do Son ven de rematar as obras de instalación do equipamento fotovoltaico de autoconsumo no CEIP Santa Irene, un proxecto que ten a finalidade de reducir o gasto enerxético e fomentar a sustentabilidade. 

A nova instalación, composta por 20 módulos de paneis solares de 550Wp por unidade, conta cun investimento total de 15.730 euros. Así, o Concello recibiu a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) unha subvención para financiar o 60% da totalidade, sendo o 40% restante aportación a través de fondos municipais. 

O alcalde, Luis Oujo, indicou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética e polo fomento das enerxías limpas e renovables”.

“Con esta nova instalación imos producir o suficiente volume de enerxía para abastecer ao colexio, reducindo considerablemente o gasto enerxético municipal, co seu consecuente aforro nas arcas municipais” engadiu o rexedor.

Comments are closed.

Close Search Window