Xuventude e deporte|

O Concello de Porto do Son impulsa a práctica deportiva a través da publicación da convocatoria para a concesión de becas a deportistas individuais do municipio. 

O obxectivo desta iniciativa é apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo das persoas deportistas sonenses que destacasen pola súa traxectoria competitiva ao longo do último ano.

Liñas de axuda

Establécense tres modalidades de bolsas:

  • Beca A: para deportistas de disciplinas olímpicas ou paralímpicas que formen parte de seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos. Dotación: 2.500 €, a repartir entre as tres mellores puntuacións.
  • Beca B: para outros/as deportistas que destacasen en competicións oficiais durante o ano de referencia. Dotación máxima: 1.000 €, a repartir entre as tres mellores puntuacións.
  • Beca C: destinada a deportistas das categorías infantil e cadete. Dotación máxima: 1.500 €, a repartir entre as tres mellores puntuacións.

As persoas solicitantes deberán optar por unha única modalidade, xa que son incompatibles entre si.

Requisitos principais

Poderán solicitar estas bolsas as persoas que:

  • Estean empadroadas en Porto do Son con, polo menos, tres anos de antigüidade.
  • Conten cunha licenza federativa vixente.
  • Estean ao corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.
  • Practiquen un deporte olímpico ou paralímpico, podendo tamén considerarse outros deportes de especial relevancia competitiva.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 6 de novembro a través do Rexistro Xeral do Concello de Porto do Son ou da Sede Electrónica municipal, empregando o formulario normalizado ANEXO I da solicitude de subvención.

O alcalde, Luis Oujo destacou que “a través desta iniciativa queremos axudar e impulsar a deportistas que, grazas ao seu esforzo e dedicación, están a conseguir grandes resultados en probas de ámbito autonómico, nacional e incluso internacional”. 

“É importante lembrar que todos e todas elas supoñen un orgullo para Porto do Son e, por iso, consideramos fundamental favorecer e impulsar, na medida do posible, as súas carreiras deportivas”, rematou o rexidor. 

DESCARGA ANEXO I da solicitude de subvención

DESCARGA ANEXO II – Competicións a valorar

DESCARGA ANEXO III – Declaración responsable

DESCARGA ANEXO IV – Aceptación da subvención

Máis información na orde do BOP

Comments are closed.

Close Search Window