Obras|

O Concello de Porto do Son atende unha demanda veciñal e executa unha nova zona de aparcadoiro anexo á piscina municipal.

Así, o Concello habilitou unha parcela de titularidade municipal para realizar este aparcadoiro que ofrece unha solución de estacionamento ante a alta cantidade de xente que acude todos os días ás instalacións deportivas.  

A intervención, que conta cun investimento de 5.756  euros de fondos propios do Concello, consistiu en preparar o terreo e acondicionar o firme con saburra compactada.

Tras rematar as obras, desde o goberno local destacan que “esta actuación pon solución a unha alta demanda de zona de estacionamento e facilita o acceso de todas as persoas usuarias da piscina e do ximnasio municipal”

Comments are closed.

Close Search Window