Mar|

O Concello de Porto do Son e Portos de Galicia veñen de tratar os proxectos e obxectivos en común para o correcto e óptimo funcionamento dos espazos portuarios que ambas administracións teñen en común. Así quedou de manifesto na reunión celebrada recentemente entre o alcalde, Luis Oujo, e o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e na sede do organismo portuario.

No encontro de traballo, o responsable autonómico deu conta da adxudicación das obras de mellora do abrigo e a ampliación de atraques en Portosín, por un importe de máis de 2 millóns de euros, que se agarda que comecen nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución de 9 meses.

Comments are closed.

Close Search Window