Medio Ambiente e cambio climático, Xuventude e deporte|

As concellerías de Medio Ambiente e Deportes, Xuventude e Ludoteca de Porto do Son veñen de convocar o II Concurso dos Maios, aberto a todos os CEIP do municipio. 

Así, o vindeiro mércores, 30 de abril, dará comezo a exposición aberta na fachada marítima do municipio e onde realizadas as inscricións, este ano participarán o CEIP Santa Irene (Porto do Son) e o CEIP de Portosín (Portosín).

A exposición tamén contará cun punto de recollida dos Maios para que toda a veciñanza que o desexe poida levalos para colocar nas súas vivendas. 

Comments are closed.

Close Search Window