Festexos|

Porto do Son continúa cos vermut musicais deste verán.

O domingo, 27 de xullo, Portosín acollerá o último deste mes a cargo de Sabela King Heartbreakers.

En agosto haberá catro novas sesións:

O día 3 será Juan do Tractor o encargado de amenizar a xornada, celebrada en Porto do Son.

Portosín acollerá os espectáculos dos días 10 e 17 de agosto, a cargo de Rockolas e Juan do Tractor respectivamente.

Por último, o 24 de agosto Elisabet Lustres pechará o ciclo en Porto do Son.

Todos os concertos teñen lugar ás 13:00 horas.

Comments are closed.

Close Search Window