Medio Ambiente e cambio climático|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, participaron durante esta semana nas xornadas medioambientais xunto aos centros educativos de Santa Irene e Campanario, para conmemorar o Día da Árbore. 

Así, un total de 195 alumnos/as de educación infantil e primaria de ambos colexios sumáronse a este iniciativa que consistiu na plantación de diversas árbores nos terreos da Comunidade de Montes de Noal durante varios días. 

Para a realización destas xornadas de educación ambiental, o Concello de Porto do Son puxo a disposición dos centros educativos un total de 83 árbores de diferentes tipoloxías tales como 3 nogueiras, 15 ameixeiras, 5 albaricoqueiros, 5 pereiras, 2 marmeleiros, 3 amendoeiras, 10 castiñeiros de froito, 25 castiñeiros de madeira e 15 acivros de diferentes variedades.

O alcalde, Luis Oujo, destacou a importancia de “continuar fomentando o coidado do noso medio ambiente entre os máis pequenos e pequenas e seguir reforestando e enchendo de vida os nosos montes”. 

“A educación e a concienciación ambiental é un concepto fundamental que debe introducirse desde as idades máis temperás, xa que son o futuro e deben coñecer a importancia de respectar e coidar da nosa natureza”.

Comments are closed.

Close Search Window