Benestar social e igualdade|

O Concello de Porto do Son presenta unha ampla programación cultural, educativa e deportiva, no marco deste 8M, Día Internacional da Muller. Así, durante todo o mes de marzo levaranse a cabo un compendio de iniciativas en prol da igualdade de oportunidades e do fomento da vida saudable.

O punto de partida será o 6 de marzo cando darán comezo as xornadas de muller e deporte. Ese venres, 6 de marzo, terá lugar a actividade Aquacircuit & Aquagym masterclass no complexo deportivo da piscina municipal e aberto a toda a veciñanza. A partir das 9:45 h poderase realizar Aquacircuit e ás 11:00 h, Aquagym. As persoas interesadas poderán inscribirse en pisicinaportodoson@gmail.com ou no 604 051 189.

O domingo 8 de marzo continúan as xornadas de muller e deportecoa actividade Crosstraining no pavillón polideportivo David Vidal de Portosín e aberto a toda a veciñanza. Haberá unha primeira sesión as 10:30 h e unha segunda ás 11:30 h. As persoas interesadas poderán inscribirse en pisicinaportodoson@gmail.com ou no 604 051 189.

O mesmo día, 8M, terá lugar a charla ‘Xornaleiras e emprendedoras na Galicia marítima de antaño’ no Club de Xubilados de Porto do Son e aberta a toda a veciñanza. Dará comezo ás 12:00 h e contará coa ponencia de José Manuel Vázquez Lijó.

Para o luns, 23 de marzo, levarase a cabo o curso para mulleres ‘Comunicación e manexo do conflicto’ no viveiro de empresas municipal, de 16:00 a 20:00 h. Esta formación vai dirixida a mulleres maiores de 18 anos e poderanse inscribir ata o 6 de marzo a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal. As prazas son limitadas.

Ademais, durante todo o mes de marzo os centros educativos do municipio participarán na Campaña educativa da Xunta de Galicia de fomento de igualdade con ‘Os Bolechas’, onde repatiranse cadernos a todos os/as escolares. Tamén, durante marzo e abril o Concello súmase á campaña da Xunta de Galicia ‘Agresión OFF. Eu digo non á violencia Sexual’ que terá lugar no IES Porto do Son e que vai dirixida a todo o alumnado de secundaria e bacherelato.

Tras a presentación do programa, o alcalde Luis Oujo destacou que “confiamos en que esta programación volva a ter unha gran acollida, con actividades que buscan fomentar a
reflexión crítica, promover valores de igualdade, respecto e liberdade desde a infancia ata a idade adulta”.

“Animamos a toda a veciñanza a participar, un ano máis, neste completo programa do 8M, co obxectivo de promover a igualdade e un estilo de vida saudable, sen deixar atrás a ninguén e afondando no diálogo e no autocoidado como eixos da igualdade e da visibilidade”, engadiu.

Comments are closed.

Close Search Window