Benestar social e igualdade, Maiores i dependencia|

O alcalde, Luis Oujo, e a tenente de alcalde, María José Maroñas, participaron no acto de clausura dos talleres de memoria desenvoltos os últimos tres meses nas parroquias do municipio. A iniciativa, orientada a fomentar o envellecemento activo das persoas maiores, gozou de moi boa aceptación.

Durante o acto agradecéronlles a implicación e constancia na actividade e fixéronlles entrega dun puzle tangram, un obsequio simbólico que reforza o traballo realizado neste tempo.

No encontro estiveron acompañados pola psicóloga municipal, Cristina Fontaiña, e por Irene, profesional de Agadea que se encargou de impartir os talleres.

Comments are closed.

Close Search Window