Xuventude e deporte|

O Pavillón Deportivo de Santa Irene acollerá este sábado, 31 de maio, o acto oficial de clausura das Escolas Deportivas Municipais. 

A cita dará comezo a partir das 18.00 horas e pecharán oficialmente o curso das escolas de taekwondo, bailoterapia, predeporte, acrobacias, baile moderno, zumba, boxeo e patinaxe. 

Os cursos comezaron o pasado mes de setembro e leváronse a cabo en diferentes localidades do municipio. 

Estas Escolas Deportivas teñen o obxectivo de achegar hábitos deportivos e saudables a toda a poboación abarcando diferentes rangos de idade, desde sénior ata público infantil. En total, esta edición 2024-2025 das Escolas Deportivas municipais ofreceron á veciñanza unha ampla axenda de actividades tales como predeporte, taekwondo, bailoterapaia, acrobacias, baile moderno, mantemento de maiores, pilatescross trainingbiking, total training, zumbaatletismo, boxeo, patinaxe, ioga e circuit training

Desde o goberno local celebran “a gran acollida que tivo esta edición das Escolas Deportivas Municipais entre a veciñanza” e destacan “a gran variedade desta programación que ten como principal obxectivo apostar polo deporte da nosa vila, favorecer a organización e conciliación das familias, así como as relacións sociais dos nosos maiores”.

Comments are closed.

Close Search Window