Festexos|

O Concello de Porto do Son organiza, un ano máis, a tradicional Xuntanza de Confraternidade, que terá lugar o vindeiro 1 de maio, para recoñecer e homenaxear ás persoas maiores de municipio.

A xornada dará comezo ás 12:00 horas cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal, cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son, e continuará ás 14:00 horas cun xantar que terá lugar na carpa situada no xardín da zona portuaria. O Concello ofrecerá un servizo de autobuses para facilitar o acceso ao evento.

A participación no xantar será gratuíta e é necesario confirmar asistencia de maneira previa. Poderase facer de maneira presencial na Área de Benestar Social do Concello, entre os días 14 e 25 de abril. No momento da inscrición deberase presentar tamén o DNI orixinal.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento correspondente a través do teléfono 981 86 74 14, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

O alcalde, Luís Oujo, destacou que “estamos encantados de presentar unha nova edición da nosa Xuntanza de Confraternidade, un evento con gran arraigo no noso municipio e un espazo de encontro para os nosos maiores”.

Comments are closed.

Close Search Window