Festexos, Cultura, ocio, tempo libre|

As Festas do Carmen de Porto do Son son unha das celebracións marcadas en vermello no calendario de toda a veciñanza sonense.  

Así, o alcalde, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local e a técnica de Cultura, Lidia Moledo, presentaron hoxe a programación completa da festividade, que terá lugar do 7 ao 11 de setembro. 

Durante estes cinco días a veciñanza e persoas visitantes poderán gozar de pasacalles, torneo de fútbol, procesións, misas solemnes, verbenas, grandes orquestras e un espectacular broche final con festa da auga e fogos de artificio.

Tras a presentación, o rexedor destacou que “estas festas son unha das celebracións máis destacadas de Porto do Son” e agradeceu “a todas as persoas que fan posible esta festa e que permite que veciñanza e persoas visitantes poidan gozar de cinco días de celebración con actividades variadas para todos os públicos”.

Programación completa

Domingo, 7 de setembro – Véspera

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’

13:00 h: Saída dos cabezudos ‘Os Viqueiras de Ordes’ desde o CEIP Santa Irene cara a praza de España para dar a benvida ao pregoeiro

13:30 h: Pregón na praza de España a cargo de Juan Fuentes

17:30 h: Torneo de fútbol Copa Concello de Porto do Son ‘Memorial Emilio García’. U.D. Queiruga – S.D. Xuño

22:00 h: Verbena coas orquestras ‘Los Españoles’ e ‘Marbella’ e cabina DJ con disco móbil ‘Chocolate’

Luns, 8 de setembro – Na honra á Virxe do Carme

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’

10:30 h: Saída da Virxe do Carme en procesión desde a Capela da Atalaia ata a explanada portuaria.

11:00 h: Misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ao finalizar a misa terá lugar a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, finalizando con tirada de fogos

22:00 h: Verbena coas orquestras ‘América SL’ e ‘New York’

Martes, 9 de setembro – Na honra á Virxe de Loreto

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’

Misas na Capela de Loreto ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 h

13:00 h: Misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Sardiñada no campamento de Loreto amenizada por ‘Paco de Leña’.

22:00 h: Verbena coas orquestras ‘Kubo’ e cabina DJ coa disco móbil ‘Chocolate’. 

Mércores, 10 de setembro – Na honra de San Roque

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’

12:00 h: Misa solemne na Capela de Atalaia e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.

22:00 h: Verbena coas orquestras ‘Los Satélites’ e ‘Finisterre’.

Xoves, 11 de setembro – Na honra da Caridade

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’

12:00 h: Misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.

17:00 h: Inchables ‘Tikolandia’ e festa da escuma para a rapazada no Xardín Portuario.

22:00 h: Verbena coas orquestras ‘Paris de Noia’ e ‘Triunfo’ e cabina DJ coa disco móbil ‘Chocolate’.

00:00 h: Gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, pasacalles e festa da auga con traca final acompañada pola ‘Charanga Os Celtas’.

Comments are closed.

Close Search Window