As Festas do Carmen 2026 de Porto do Son volverán este ano a ser unha das celebracións marcadas en vermello no calendario e un peche perfecto do verán.
O alcalde, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local, presentaron hoxe a programación completa da festividade, que terá lugar do 7 ao 11 de setembro, e que recolle cinco intensas xornadas cheas de festa, música en directo e tradición e que contará co pregón do cardiólogo José Ramón González Juanatey.
Durante estes cinco días, a veciñanza e persoas visitantes poderán gozar da tradicional procesión marítima, pasacalles, gastronomía, verbenas, grandes orquestras e broche final con festa da auga e fogos de artificio
Tras a presentación, o rexedor animou “a desfrutar destas marabillosas festas, que son unha das celebracións máis destacadas do noso municipio” e agradeceu “a todas as persoas que fan posible levar a cabo estas festas e que permiten que veciñanza e persoas visitantes poidan gozar de cinco días de celebración con actividades variadas para todos os públicos”.
Programación completa
- Luns, 7 de setembro – Véspera
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’
13:00 h: Saída dos cabezudos ‘Os Viqueiras de Ordes’ desde o CEIP Santa Irene cara a praza de España para dar a benvida ao pregoeiro
13:30 h: Pregón na praza de España a cargo do cardiólogo José Ramón González Juanatey.
22:00 h: Verbena a explanada portuaria coas orquestras ‘Capitol’ e ‘Discomóbil’
- Martes, 8 de setembro – Na honra á Virxe do Carme
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’
10:30 h: Saída da Virxe do Carme en procesión desde a Capela da Atalaia ata a explanada portuaria, a continuación Misa Solemne.
Ao finalizar a misa terá lugar a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, finalizando con tirada de fogos
22:00 h: Verbena coas orquestras ‘Olimpus’ na explanada marítima e ‘Banda de Ayer’ na praza de España.
- Mércores, 9 de setembro – Na honra á Virxe de Loreto
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’
Misas na Capela de Loreto ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 h
13:00 h: Misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Sardiñada no campamento de Loreto amenizada por ‘Paco de Leña’.
22:000 h: Concerto de Alana na praza de España.
23:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras ‘Origen’ e ‘Discomóbil’.
- Xoves, 10 de setembro – Na honra de San Roque
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’
12:00 h: Misa solemne na Capela de Atalaia e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
22:00 h: Verbena na explanada portuaria coas orquestras ‘Los Satélites’ e ‘New York’.
- Venres, 11 de setembro – Na honra da Caridade
9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas ‘CanleBó’
12:00 h: Misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.
17:00 h: Inchables ‘Tikolandia’ e xogos para a rapazada no xardín portuario.
23:00 h: Verbena coas orquestras ‘Marbella’ na praza España e ‘París de Noia’ e ‘Discomóbil’ na explanda portuaria.
00:00 h: Gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, pasacalles e festa da auga con traca final acompañada pola ‘Charanga Os Celtas’.



