Cultura, ocio, tempo libre|

O Concello de Porto do Son celebrará e homenaxea o Día das Letras Galegas cun certame de música tradicional e de folclore galego. 

A Casa da Cultura sonense acollerá o vindeiro venres, 16 de maio, a partir das 20:00 h, este concerto de pandereteiras.

Así, Chorimas de Queiruga, Sonelas de Porto do Son, Alixeiras de Baroña conforman o cartel deste certame musical, onde a guinda do pastel será o espectáculo musical Vinde todas, de Carmela, a través da Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

Carmela é un proxecto musical que parte da tradición, das informantes e dos arquivos musicais, pero que a entende como un ente flexible que se adapta ao contexto actual a través de sons que viaxan desde as percusións ata referencias electrónicas. Trátase dunha proposta diferente no seu discurso tanto musical coma extra musical que sitúa a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.

Desde o Concello de Porto do Son animan “a toda a veciñanza a que se achegue a gozar deste certame de música tradicional galega en directo para conmemorar e celebrar o día das nosas letras”. 

Comments are closed.

Close Search Window