O Concello de Porto do Son vén de reforzar a protección ambiental e o coidado do espazo natural, a través da recente adquisición dun vehículo especializado.
O automóbil, que conta cun investimento de 73.149 euros, está financiado integramente a cargo da subvención do FCA (Fondo Compensación Ambiental).
Ademais, o novo vehículo ten incorporado un portapalets e pinza hidráulica con rotor de xiro continuo, o que permite realizar traballos de limpeza, retirada de árbores e restos vexetais, reducindo o impacto ambiental nas labores de conservación.
O novo camión destaca tamén pola súa capacidade, que facilita o transporte de elementos pesados sen necesidade de múltiples viaxes, reducindo as emisións de CO₂ e a alteración de hábitats sensibles.
Tras a adquisición, o alcalde, Luis Oujo destacou “o compromiso municipal pola conservación e protección ambiental” e puxo en valor “a importancia deste tipo de servizos, que melloran a calidade de vida nas distintas parroquias municipais e fomentan a participación cidadá”.
“Dispoñer de maquinaria moderna e adaptada é fundamental para que os servizos municipais poidan actuar con eficacia na protección do medio natural e promover o respecto polo medio ambiente”, rematou Oujo.





