Educación, Sanidade|

O viveiro de empresas de Porto do Son acollerá o martes, 17 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 h, un curso gratuíto de Fisioterapia e respiratoria infantil.

O taller estará impartido por Vanesa García Ageitos e Sonia Gallego Conde, fisioterapeutas do área sanitaria de Santiago de Compostela.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán inscribirse, do 4 ao 10 de xuño, enviando a folla de inscrición cumprimentada a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

DESCARGA A FOLLA DE INSCRICIÓN

Actividade formativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns en colaboración co Concello de Porto do Son.

Comments are closed.

Close Search Window