Cultura, ocio, tempo libre|

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego “Sobes ao autobús do teatro?” facilita un autobús de para acudir o vindeiro sábado, 22 de marzo, ás 18:00 horas, ao Salón Teatro de Santiago de Compostela e ver a representación da obra ‘A Burra, a mesa e o pau’.

A saída será dende a parada de bus de Porto do Son ás 15:00 horas (o regreso agárdase para as 20:00 horas aproximadamente).

As entradas teñen un prezo especial de 5 euros e as persoas interesadas poderán facer as inscricións de xeito presencial na Casa da Cultura de Porto do Son (en horario8:30h a 15:00h) ata o 19 de marzo. Hai 18 prazas dispoñibles.

Máis información no 981 76 77 58

Comments are closed.

Close Search Window