Benestar social e igualdade|

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu o pasado venres, 24 de xaneiro, a xuntanza de constitución da Mesa no Centro de Interpretación, dirixida por Exeria Proxecto.

Dita mesa, que contou coa seguinte Orde de Deseño do protocolo de intervención municipal do concello de Porto do Son en casos de Vioxen, constitúe unha ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais: político, social, sanitario, educativo, corpos e forzas de seguridade. Así como tamén outros axentes implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia de todas as actuacións a tal fin.

A súa natureza interinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio.

O grupo constitucional foi citado para unha próxima reunión, o 4 de abrirl, na que seguir abordando a vixente temática principal.

Comments are closed.

Close Search Window