A fachada marítima de Porto do Son acollerá a campaña ‘Agresión off, eu digo non á violencia sexual’ da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo informar á cidadanía sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual, dotando á poboación de información sobre como previla, detectala e combatela.
O acto terá lugar o sábado, 5 de xullo, en horario de 12:00 a 17:00 horas e estará aberto a todo o público.
A través desta campaña preténdese sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións persoais como sociais. Así, farase especial fincapé na xente moza, para evidenciar as diferente formas do machismo e como detectalo no día a día. Ademais, promoveranse modelos de relación afectivo- sexuais baseados no respecto e a tolerancia, coa finalidade de erradicar os prexuízos baseados nos roles de xénero.
