Sanidade|

O Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, estivo hoxe na Consellería de Sanidade no acto de sinaturas dos PLANS LOCAIS DE SAÚDE 2025-2028 entre o que se atopa o Servizo de Atención Primaria de Noia (correspondente aos centros de saúde de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son)

O Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou a importancia dos 95 plans locais de saúde como ferramentas que ofrecen unha atención primaria adaptada ás necesidades concretas de 1,7 millóns

Estes documentos avanzan no camiño cara a unha sanidade máis personalizada, xa que se trata de ferramentas para adecuar a asistencia sanitaria á realidade sociodemográfica de cada zona. Foméntase así unha atención integral centrada nas persoas e unha maior proximidade no coidado dos pacientes

Trátase de instrumentos vivos, abertos e participativos que facilitan o desenvolvemento do novo modelo de atención primaria. Deste xeito, representan a mellor radiografía da saúde da veciñanza de cada territorio, así como a mellor guía para planificar toda acción que poida mellorar a calidade de vida da súa poboación de referencia

Representan unha nova metodoloxía na xestión da saúde, empregando cadros de mando baseados en datos reais e continuos. Esta integración de información permite unha visión actualizada e precisa da situación sanitaria, facilitando a toma de decisións e a organización dos recursos de maneira máis eficiente

En concreto, desde hoxe contan co seu propio Plan de Saúde Local os Servizos de Atención Primaria de Cambre-Carral, Culleredo, A Laracha–Cerceda, Oleiros, Chantada, Guitiriz, Outeiro De Rei, San Roque, Vite, Noia, Boiro, Ames, Poio, Terra De Montes, Sanxenxo, Soutomaior-Arcade, A Lama-Pontecaldelas, Matamá, López Mora, Coruxo, Moaña, A Carballeira (Ourense), A Pobra De Trives e Coles

Toda a información:

https://saladecomunicacion.sergas.gal/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&idNova=15360

Comments are closed.

Close Search Window