Cultura, ocio, tempo libre|

O Concello de Porto do Son organiza, un ano máis, unha ampla programación cultural para este Nadal 2025, baixo o lema ‘Un Nadal en Porto do Son repleto de luz, maxia e ilusión’.

Os días 22,23,26,29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, terán lugar os Obradoiros infantís de Nadal, nas casas da Cultura de Xuño, Portosín e Porto do Son, en horario de 17:00 a 19:00 h.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Casa da Cultura de Porto do Son desde o 15 de decembro, en horario de 8:00 a 15:00 h. (As prazas son limitadas a crianzas en idade escolar e serán asignadas por orde de inscrición).

Comments are closed.

Close Search Window