Emprego, Formación|

O alumnado do certificado de profesionalidade de Forestal do Obradoiro de Emprego Tahume XI está a desenvolver un intenso programa de traballos prácticos en diferentes parroquias do Concello de Porto do Son.

As actuacións, centradas principalmente na limpeza, acondicionamento e mellora de espazos públicos, permiten ao alumnado aplicar sobre o terreo os coñecementos adquiridos durante a súa formación, ao tempo que contribúen directamente á conservación e posta en valor de diferentes zonas do municipio.

Entre as intervencións realizadas destaca a limpeza e acondicionamento do Parque do Outón, unha actuación que permitiu mellorar o estado deste espazo e favorecer o seu uso e disfrute por parte da veciñanza.

 

Comments are closed.

Close Search Window
↑