Emprego|

Neste verán, a Xunta de Galicia vén de confirmar a concesión do OBRADOIRO DE EMPREGO Tahume X, a desenvolver de maneira conxunta polos Concellos de Ribeira e Porto do Son: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/10-demandantes/demandantes-gl/587-obradoiros-duais-de-emprego-2024-25.html

Nos próximos días, a Oficina de Emprego vai a realizar o filtrado de persoas candidatas para participar no OBRADOIRO DE EMPREGO Tahume X

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 9 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria

As especialidades a impartir este ano serán:

  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
  • Traballos de carpintería e moble

As PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR deben estar inscritas como demandantes de emprego e ter os seus datos actualizados. Os códigos sobre os que se vai a realizar o filtrado, e que deben constar na demanda de emprego, son:

320: Escolar taller programas

330: Casa de Oficio

340: Taller de emprego

370: Outros programas de emprego formación dual

Comments are closed.

Close Search Window