Formación|

Alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X atópase no ecuador do módulo de alfabetización informática, co fin de obter a mellor aprendizaxe posible e adquirir as Competencias Dixitais Básicas.

Este Obradoiro de Emprego Tahume X trátase dun programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha aportación de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

Comments are closed.

Close Search Window