Emprego, Formación|

12 de ABRIL

No día de HOXE, un grupo do alumnado do OBRADOIRO DE EMPREGO Tahume IX preséntase as probas da ESA que se celebran no IES San Clemente de Santiago.

Ás veces as cousas levan o seu tempo e en moitas ocasións os tempos varía en función das cousas; sacar tempo para adicarllo a certos temas xa de por si debería supoñer un éxito. Aproveitar cada recurso que lles poida ofrecer a súa estancia no obradoiro é unha mostra máis do bo funcionamento dos mesmos e do gran traballo que realizan o equipo de mestres/as e alumnos/as.

De seguro que todo esforzo dará bos froitos! A todas e todos, desexámoslle moi boa proa nesta proba e todo o éxito do mundo en todo canto desexen emprender.

Comments are closed.

Close Search Window