Neste venres, o OBRADOIRO DE EMPREGO Tahume IX -que está chegando ao seu fin- tivo a súa derradeira visita de profesionais externos
Nesta ocasión acompañounos Francisco Álvarez, Presidente do Clúster Biomasa de Galicia, e o seu Técnico, Sergio Vázquez, realizando unha presentación e explicación moi enriquecedora. Todo un descubrimento para o alumnado! Os seus proxectos aglutinan a empresas do sector forestal en Galicia para producir biomasa e chegar tanto a fogares particulares coma a institucións públicas, xerando calor natural e impulsando o uso de enerxías renovables. Ademais de ofrecer formación gratuíta tanto a profesionais como ao público en xeral
Na segunda parte da xornada, grazas a Fran e a Sergio, coñeceron a Santiago da empresa Ökofen, con quen realizaron unha visita práctica á sala de caldeiras da Casa de Cultura de Xuño para seguidamente poder visualizar unha demostración da carga no silo que realizaron os traballadores da empresa LIGNUS – Pellets de Galicia
Grazas a todos eles, o alumnado puido coñecer de primeira man a segunda parte do proceso de trazabilidade dun dos usos da madeira. O que resultou do máis produtivo e abriu un novo abanico de posibilidades profesionais