No marco da programación con motivo do Día Internacional da Muller levarase a cabo un obradoiro de Benestar Psicolóxico.
Terá lugar no Viveiro de Empresas, do 28 de marzo ao 20 de xuño, en horario de 18:00 a 19:30 horas.
28 de MARZO | Coñecéndonos
11 de ABRIL | Arte-terapia e auto-descubrimento
25 de ABRIL | Regulando o Sistema Nervioso
9 de MAIO | Técnicas de Control do Pensamento
23 de MAIO | Traballando coas Preocupacións
6 de XUÑO | Recoñecendo as Emocións I
13 de XUÑO | Recoñecendo as Emocións II
20 de XUÑO | Despedida e Peche
Inscricións abertas a toda a veciñanza e poderanse realizar na Área de Benestar Social ou a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal
Actividade financiada a través do PACTO DE ESTADO
