Cultura, ocio, tempo libre|

Este domingo, 21 de decembro ás 18:30 h, a Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra de teatro “O Autoestopista Intergaláctico” de Pistacatro Produtora de Soño.

“O Autoestopista Intergaláctico” é un show de ciencia-ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicas, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas.

Un burato espazo-temporal entre varias dimensións é o pretexto argumental que dá pé ao arranque do show e que servirá de motor para a aparición de cada personaxe.

Esta obra de teatro está dentro da programación na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Comments are closed.

Close Search Window