A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro sábado, 8 de novembro ás 21:00 h, a obra de teatro ‘Máis Saaabor!’.
As persoas interesadas poderán mercar as entradas (4 euros) na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 h. Tamén poderanse adquirir as entradas previo á función. Só se acepta tarxeta bancaria.
Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable.Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!
Actividade que forma parte da programación cultural da Deputación da Coruña.


