Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de O Porto do Son acollerá o vindeiro 10 de maio, a partir das 18:30 h, a obra de teatro ‘As mil e unha’, que ten o obxectivo de conmemorar o Día das Letras Galegas e achegar a figura de Begoña Caamaño ao público infantil.

Esta peza familiar permite achegar á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e mais na de narradora e revisora de mitos. Porque… que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.

Esta actividade está enmarcada no programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

Comments are closed.

Close Search Window