O Obradoiro de Emprego continúa avanzando con paso firme. Tras un intenso mes de xuño, cheo de aprendizaxes, primeiras tomas de contacto e novas experiencias, o mes de xullo comeza aínda con máis forza.
Durante estas primeiras semanas, o alumnado comezou a súa formación nas especialidades de carpintería e forestal, desenvolvendo xa os primeiros módulos formativos. Ademais, completouse con éxito o módulo de educación ambiental e está practicamente finalizada a formación en igualdade.
Nestes momentos, o grupo atópase inmerso no módulo de Prevención de Riscos Laborais, unha formación fundamental para poder iniciar proximamente os traballos prácticos con todas as garantías de seguridade.
Seguimos avanzando vento en popa, con ilusión, compromiso e moitas ganas. Parabéns ao alumnado e ao equipo polo gran traballo realizado ata o de agora.





