Cultura, ocio, tempo libre|

O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante volve ao Concello de Porto do Son este domingo, con espectáculos semanais para as crianzas que se celebrarán nas casas da cultura de todas as parroquias.

Este programa cultural abrirase este domingo, 27 de setembro, co Show de Fifo, que terá lugar na Casa da Cultura de Ribasieira a partir das 17:30 horas.

Dende esta semana ata o 29 de novembro, a rapazada de Porto do Son poderá gozar dunha nova alternativa de ocio local, totalmente de balde e accesible para todos os públicos.

Ademais, esta terceira edición do Ciclo Cultural vén cargada de talento, con actuacións de figuras tan destacadas como Paco Nogueiras, Brais das Hortas ou Pakolas. Consulta en imaxes a programación ao completo.

 

Comments are closed.

Close Search Window
↑