Festexos, Cultura, ocio, tempo libre|

O grupo Alana aterrará en Porto do Son o sábado, 11 de xullo (ás 23.00 horas). O concerto terá lugar na praza de España e, ao longo do mesmo, a agrupación deleitará ao público cun proxecto musical singular no que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop.

A súa posta en escena e a súa forte vinculación coa cultura popular e o baile leváronnos a participar en numerosas citas musicais de todo o país e tamén noutras de carácter internacional.

A formación aterrará no municipio con ‘Un saber’, o segundo segundo disco. Trátase dun traballo elegante e flortal dedicado ao saber popular das cantareiras e informantes.

Comments are closed.

Close Search Window