Xuventude e deporte|

Fotografía, deportes, talleres e xogos para a mocidade. Esa é a proposta encadrada dentro do programa Xuventude na Rúa de Porto do Son.

A iniciativa, dirixida a rapaces de entre 13 e 17 anos (nados entre 2009 e 2013), celebrarase os días 22, 24, 29 e 31 de xullo. O programa continuará tamén en agosto, con propostas os días 5, 7, 12 e 14. Todas as actividades levaranse a cabo de 11.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas poden anotarse a partir do mércores, 15 de xullo, no rexistro municipal ou na sede electrónica cubrindo o formulario de inscrición. Para máis información pódese contactar coa OMIX a través do teléfono 981 767 589 ou a través do correo electrónico omix@portodoson.gal.

Comments are closed.

Close Search Window