Roteiros|

O vindeiro 19 de abril terá lugar unha nova andaina para promover o lecer saudable e dar a coñecer o percorrido do Camiño de Santiago pola Ría da Estrela.

A ruta conta cun percorrido de 16 quilómetros e unha dificultade baixa. A saída será ás 9:30 horas desde a Capela da Atalaia de Porto do Son e os/as participantes contarán con autobús gratuíto de regreso ás 13:00 horas dende a Estación de Autobuses de Noia.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 981 76 75 89 ou escribindo a osoncamina@gmail.com.

No correo deberán indicar os seguintes datos:
– Nome e apelidos
– D.N.I.
– Data de nacemento
– Teléfono de contacto

Desde o Concello animan á cidadanía a animarse a comezar o Camiño máis curto para alcanzar Compostela. Coa compañía do mar e coa beleza dun territorio inesquecible.

Comments are closed.

Close Search Window