Obras|

A Casa da Cultura de Queiruga xa loce un renovado aspecto tras a substitución das ventás e portas exteriores do recinto, unha actuación destinada a mellorar a eficiencia enerxética do edificio e garantir un maior confort para as persoas usuarias. 

A actuación recolleu a substitución de ventás e portas exteriores e contou cun investimento de máis de 53.000 euros a cargo do POS da Deputación da Coruña. Ademais, as novas ventás e portas exteriores instaladas contan con dobre acristalamento e sistemas de illamento que permitirán un aforro da climatización.

A intervención forma parte do plan municipal de mantemento e modernización de instalacións culturais, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e ofrecer espazos máis sostibles.

Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, destacou que “con esta actuación, a Casa da Cultura de Queiruga prepárase para seguir sendo un referente na vida cultural da nosa vila, ofrecendo mellores condicións a asociacións e colectivos, así como tamén a toda a veciñanza que fan uso destas instalacións”.

“Con esta actuación permite promover o aforro enerxético municipal, optimizar as condicións do centro,  prolongar a durabilidade da infraestrutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”, rematou Oujo.

 

Comments are closed.

Close Search Window