Obras|

O Concello do Porto do Son continúa avanzando no seu firme compromiso por facer realidade demandadas históricas e dar resposta ás necesidades da veciñanza do municipio.

Nesta ocasión, destinará unha partida de 1.455.253 euros para realizar un conxunto de obras prioritarias e mellorar os servizos públicos e as infraestruturas municipais.

Tras o anuncio, desde o goberno municipal destacan que “esta decisión responde a unha planificación económica responsable, que aposta por aproveitar a capacidade financeira do Concello para realizar investimentos que beneficien o conxunto da poboación e que atendan a demandas históricas”.

Estas actuacións suporán unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio, contribuíndo  aos desenvolvemento equilibrado de todas as parroquias e reforzando o compromiso do Concello cunha xestión próxima, eficaz e orientada ao interese xeral.

Completo plan de obras

Con todo, a relación de obras e de proxectos que se realizarán neste plan de actuación son os seguintes:

  •  Instalación de 2 fosas sépticas con filtro para depuración das augas residuais xeradas no núcleo de Basoñas, por importe de 49.963 euros.
  • Instalación de fosa séptica no núcleo de Seoanes, por importe de 36.969 euros.
  • Proxecto de acometidas para saneamento na parroquia de Queiruga, por importe de 21.900 euros.
  • Renovación do parque infantil en Nebra, por importe de 46.691 euros.
  • Convenio entre o Concello e a Consellería de Sanidade para a rehabilitación da cuberta do consultorio en Portosín, por importe de 23.884 euros.
  • Proxecto de rehabilitación funcional da infraestrutura de servizos sociais na Casa da Cultura de Caamaño, por importe de 120.000 euros. 
  • Proxecto de mellora da capa de rodadura no núcleo A Igrexa, por importe de 26.827 euros
  • Proxecto do muro de contención en Montemuíño, por importe de 48.383 euros
  • Proxecto de mellora da cada de rodadura do vial de acceso ao núcleo de Agrelo, por importe de 46.597 euros.
  • Proxecto de mellora da cada de rodadura do vial de acceso a vivenda en Agrelo-Noal, por importe de 14.390 euros.
  • Proxecto de mellora da cada de rodadura no núcleo de Agrelo-Noal, por importe de 38.542 euros.
  • Proxecto de mellora da cada de rodadura do núcleo de Puilla (Nebra), por importe de 43.261 euros.
  • Proxecto de mellora da cada de rodadura do núcleo de Portosín, por importe de 16.033 euros.
  • Modernización e adecuación da Escola Infantil do Porto do Son, por importe de 50.000 euros.
  • Dirección das distintas obras e actuacións, por importe de 15.686 euros. 

Máis melloras complementarias a partir de setembro

Paralelamente, a partir do vindeiro mes de setembro, desde o Concello comezarán a licitarse outro compendio de obras complementario e que tamén conlevarán unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio. Son os seguintes:

  • Saneamento en Aguieira norte, por importe de 227.915 euros.
  • Saneamento en Foloña e Carantoña, por importe de 320.233 euros.
  • Saneamento no lugar de Laranga, por importe de 118.391 euros.
  • Saneamento nos lugares de Agrelo e Outeiro, por importe de 82.8756 euros.
  • Saneamento no lugar de Parada. 
  • Mellora dos camiños rurais no lugar O Loreto, por importe de 56.712 euros.
  • Mellora da instalación de climatización e ventilación do Centro de Día do Porto do Son, por importe de 50.000 euros
  • Ademais realizaranse a mellora da capa de rodadura en Carballosa, Caamaño e Cabanela e a reposición dos servizos e pavimentos de Freixedo. 

Tras o anuncio deste compendio de obras, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “este é un plan adaptado ás necesidades da veciñanza, que reforza o  compromiso deste goberno local coa mellora das infraestruturas municipais, facilitando a mobilidade e contribuíndo na mellora da calidade de vida”.

Comments are closed.

Close Search Window