Medio Ambiente e cambio climático|

O Concello de O Porto do Son informa que, debido ao cambio da empresa adxudicataria do servizo de recollida de cartón porta a porta, establécense novos horarios e franxas para esta prestación.

Así, os novos períodos de recollida serán os mércores e venres, en horario de 15:30 a 18:30 horas. Ademais e co fin de garantir unha correcta organización, a veciñanza deberá comunica previamente o depósito do cartón no teléfono 639 10 76 38, en horario de 10:00 a 14:00 h.

Con todo, rógase a todas as persoas usuarias do servizo que depositen o cartón exclusivamente dentro dos novos horarios establecidos, co fin de garantir un servizo máis eficiente e unha mellor xestión dos residuos. 

Comments are closed.

Close Search Window