Obras|

O Concello de Porto do Son finalizou recentemente a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro, unha intervención executada nos últimos meses ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo, IGVS, que contou cun investimento total de 77.715,25 euros. 

Ademais da renovación do pavimento, melloráronse as infraestruturas de saneamento e drenaxe nunha actuación que tivo como obxectivo principal modernizar un espazo co firme en deteriorado e diversas deficiencias na rede de evacuación de auga. 

Así, mellórase a seguridade, accesibilidade e funcionalidade da rúa cun novo firme de formigón, unha solución máis resistente, uniforme e axeitada para soportar o tránsito peonil e rodado. 

En paralelo, realizáronse as intervencións integrais nas infraestruturas soterradas, tanto na rede de saneamento, que foi reconvertida nunha rede separativa que permite unha xestión máis eficiente das augas residuais e pluviais, e a instalación de canaletas de drenaxe en puntos críticos da calzada. Evítanse así acumulacións de auga en episodios de choiva intensa. 

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, sinala o “relevante unha intervención integral”, xa que non só “é unha mellora estética, é unha optimización dos servizos públicos e tamén permitirá incrementar a seguridade peonil e viaria na contorna”, subliñou. 

Comments are closed.

Close Search Window