Xeral|

O vindeiro 27 de abril ás 12:00 horas, a Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son acollerá o acto de entrega da medalla de ouro a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares para co noso municipio.

Será público para que poidan asistir as veciñas e veciños que así o desexen. Contará coa distinguida presenza do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto.

Comments are closed.

Close Search Window