O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu hoxe o acto de presentación, no que participaron o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo Pouso; o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo Blanco; o técnico de Deportes, Luis Otero Malvárez; e Ezequiel Mosquera, xerente de Emesports, empresa organizadora da cita
Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, será o padriño e invitado especial desta edición, na que a organización confía en volver a colgar o cartel de completo e reunir a preto de 2.000 persoas
A SINSON10K, como proba xa consolidada, conta cun elenco de atletas invitados que participaron en anteriores edicións nos figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete; Iván Raña, Edymar Brea; a campioa do mundo de duatlón, Joselyn Brea e un dos mellores atletas nacionais, Reyes Estévez.
Na presentación, o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, tamén quixo facer mención e lembrar a figura de José Manuel Deán Pouso, concelleiro falecido o pasado mes de xuño e un dos impulsores desta carreira. «Este ano a SINSON10K será unha proba moi especial, pois será a primeira sen o noso querido José Manuel Deán, un dos grandes valedores desta carreira» destacou.
«A SINSON10K é unha cita que evoluciona cada ano, que intenta sorprender e que aposta polo deporte inclusivo. Ademais, esta edición contará con sorpresas a nivel loxístico coas que as persoas participantes vivirán unha experiencia única» explicou Lorenzo destacando a entidade que a cita foi adquirindo co tempo.
O prezo das insricións permanecerán en 10€ ata o vindeiro 30 de novembro. A partir de aí, e ata o 16 de decembro, o custo por participante será de 12€.
As persoas anotadas antes do cambio de tarifa poderán elixir os puntos de recollida para os seus dorsais. Nesta ocasión habilitáronse catro, que estarán operativos do 9 al 13 de decembro. Un deles en Santiago, na tenda Oliveira Bike Solutions; outro na Coruña, en Marathon Running Shop; en Pontevedra, en Spikes Street Club, e en Vigo, en Bikila.
O resto de persoas participantes terán a opción de facerse cos dorsais o día 21 de decembro, de 19:30 a 21:00h, na casa de la cultura de Portosín con motivo de la Feira do Corredor, ou o propio día da carreira, en horario de 8:00 h. a 10:30 h, na Casa da Cultura de Portosín, preto da zona de saída.
O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín. O último autobús sairá ás 10:20 h.
Probas escolares, carreira inclusiva e como novidade: a SINSON School
Ao igual que a pasada edición, a rapazada poderá gozar da súa particular proba un día antes, o sábado 21 de decembro. A cita dará comezo a partir das 17:00 desde a localidade de Portosín (zona portuaria) e servirá como antesala da proba raíña. Esta xornada escolar previa ten un límite de 500 persoas participantes e son totalmente de balde. O prazo de inscrición péchase o luns, 16 de decembro, ou ata completar 500 prazas. A recollida de dorsais efectuarase desde as 15:30 h, preto da zona de saída.
Xa na xornada do domingo terá lugar, outra edición máis, a carreira inclusiva, na que nesta edición participarán a Fundación Enky e Discamino.
Por último e como novidade neste ano, o 5 de diciembre a partir das 11:00 h, (sempre e cando o tempo acompañe) celebrarase a SINSON School, unha xornada de ocio e deporte entre os CEIPs do municipio.