Xuventude e deporte|

O concelleiro de Deportes, Xuventude e Ludoteca, Carlos Lorenzo, acompañou onte á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e ao director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, nunha visita ao complexo xuvenil Virxe do Loreto para comprobar o estado das instalacións ante o inminente inicio da campaña de verán.

Durante o percorrido, supervisaron os traballos de posta a punto realizados neste espazo, que recibirá de xeito inminente a centos de nenos e nenas nun completo programa de actividades de lecer.

As actuacións, que supuxeron un investimento de 50.000 euros, incluíron o pintado das fachadas exteriores, diversas melloras na rede de fontanaría e labores de poda sanitaria e retirada da vexetación. Ademais, reparáronse as tendas de campaña e substituíronse os cristais de diferentes dependencias, como a enfermería e os baños, co obxectivo de garantir unhas instalacións en óptimas condicións para o desenvolvemento da campaña estival.

Comments are closed.

Close Search Window