Xuventude e deporte|

Porto do Son súmase ao alento e apoio ao RC Celta de Vigo no seu soño de volver a competir en Europa a vindeira temporada.

Así, o Centro de Interpretación do Castro de Baroña loce desde hoxe a bandeira do club galego como mostra de orgullo, unión e apoio para que a entidade viguesa volva a xogar competición europea e poida converterse nun embaixador perfecto da nosa comunidade na elite do fútbol.

O RC Celta de Vigo enviou a cada un dos 313 municipios galegos unha camiseta e unha bandeira para dar mostra da afouteza do equipo celeste neste camiño cara Europa.

Comments are closed.

Close Search Window