Xuventude e deporte|

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu hoxe a presentación da andaina “Porto do Son 25 + 15km” deste ano 2026, unha proba que forma parte da Liga Galega de Andainas 2026 e que está enmarcada no calendario de actividades da Federación Galega de Montañismo e da Liga Ibérica de Senderismo. 

O Club Trabandainas organiza esta proba, que conta coa colaboración do Concello de Porto do Son, e que terá lugar o vindeiro domingo, 7 de xuño. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 4 de xuño, ás 23:59 h, a través da ligazón: https://www.deporticket.com/web-evento/13113-andaina-porto-do-son-2026

O percorrido será circular con dúas probas, unha de 25 km e outra de 15km aproximadamente cunha dificultade media, con saídas ás 9:00 h e 9:05 h respectivamente. O punto de saída e de chegada será desde a Casa A Tarela e a entrega de dorsais terá lugar en horario de 8:00  a 8:45 h. A proba tamén contará con 3 avituallamentos e petiscos ao final da ruta. 

Tras a  presentación, a concelleira e tenente alcalde, María Maroñas, destacou que “continuamos apoiando e fomentando o deporte con esta proba tan emblemática e popular”. Ademais animou a toda a veciñanza “a participar nesta andaina e desfrutar da proba e da riqueza paisaxística pola que discorre”.

“Porto do Son é un municipio con moito arraigo e cultura deportista e este evento é un exemplo, sobre todo para os nenos e as nenas desta vila, de que o deporte é algo máis alá da competición, e que calquera persoa, independentemente da súa condición física, pode facer deporte”, concluíu. 

Comments are closed.

Close Search Window