Benestar social e igualdade, Maiores i dependencia|

O centro de día de Porto do Son acolleu na xornada de onte, 26 de novembro, unha actuación musical da compañía Polo Correo do Vento.

Unha mañá para construír lembranzas e compartir risas e cantos. As persoas usuarias gozaron dun contacontos ilustrado no que se combinou oralidade, ilustración e música para render unha sentida homenaxe ás cantareiras galegas.

Dende a concellería de Cultura destacan “a emoción desta xornada” e sinalan que “desexamos que todas as persoas usuarias desfrutaran destes momentos compartidos, que nos convidan a saír da rutina e valorar os pequenos momentos”.

Comments are closed.

Close Search Window