Cultura, ocio, tempo libre|

Este sábado o Auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son encheuse de emoción co concerto Intercentros de Piano, organizado en colaboración entre a Academia de Música Kairos de Vigo e a Escola de Música municipal do Concello de Porto do Son.

A emoción, concentración e talento protagonizaron esta xornada, na que o público asistente puido gozar de marabillosas interpretacións nas que se reflicte o traballo técnico, a sensibilidade e a madurez musical de cada pianista. Foi un encontro enriquecedor, no que o alumnado de ambos centros compartiu a súa paixón pola música nun ambiente de respecto, ilusión e compañeirismo.

Desde o Concello de Porto do Son quixeron felicitar a todos e todas as pianistas participantes, agradecer ao profesorado pola súa dedicación e ás familias polo seu apoio constante. Este tipo de experiencias son un claro exemplo do valor da educación musical como motor de crecemento persoal e colectivo.

Comments are closed.

Close Search Window