Xeral|

O alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, reuniuse esta semana co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar diferentes puntos de interese xeral para a veciñanza do municipio.

Os temas que trataron foron a captación de augas para dar servizo á zona sur do concello, a posibilidade de construir un novo Centro de Saúde en Porto do Son, a execución de melloras no CEIP Portosín e a fachada marítima de Portosín.

Oujo agradeceu a “boa disposición por parte do goberno autonómico, especialmente do seu presidente, Alfonso Rueda, para que estes puntos tan importantes para nós sexan tomados en conta para executarse no futuro”.

O rexedor destacou que “esta primeira reunión senta as bases para mellorar Porto do Son, e seguiremos traballando para darle continuidade a este modelo de actuación”.

Comments are closed.

Close Search Window